Xulio Rodríguez: "Os museos lembran que formamos parte dun fragmento da historia que non empeza nin remata con nos"
O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, é unha data que se celebra en todo o mundo dende o ano 1977. Para conmemorar a efeméride, o Museo Arqueolóxico de Ourense organizou unha serie de actividades que comezaron o seu desenvolvemento o día 16 de maio cunha conferencia didáctica sobre "Tres perspectivas da comunicación no pasado" e que continuaron este venres cunha visita guiada ao edificio e ás súas escavacións e coa presentación da Peza do Mes: Camafeo das Burgas, unha obra que apareceu no ano 2005 no marco dunhas sondaxes valorativas realizadas na zona.
Minutos antes de comezar a visita guiada ao Arqueolóxico o seu director, Xulio Rodríguez, subliñaba a importancia de celebrar a efeméride porque, na súa opinión, "é unha forma de chamar a atención á sociedade sobre cal...
Máis informes