Martes, 30 de setembro de 2014
Progape
Matricula Aberta - Campus Ourense
Programación Infantil
Salón do Automóbil
Sala Berlín
Os irmáns de Dios
Óscar Penín: "A roupa dos anos 20 é unha excusa para falar do patrimonio e do ben común a través dun formato divertido"
Tempo de Lecer Ourense
 Os organizadores de A Bela Auria andan de aquí para alá, ultimando os últimos retoques que permitirán que este sábado, día 27 de setembro, a cidade dea un chouto no tempo ata recuperar o espíritu e o ambiente dos anos 20. Para iso, deseñaron un programa de actividades que comezará ás 10.30 horas coa saída da Praza Maior dun bicipaseo patrimonial pola cidade e prolongarase ao longo de toda a xornada con 16 horas de actividade cultural que se repartirán entre o Xardín do Posío... Máis informes
Publicado o 26 de setembro de 2014 
Ourense despide o verán cunha mascarada
Tempo de Lecer Ourense
Despedir o verán cunha mascarada que encha de vida as rúas do casco histórico, que dinamice o comercio e a hostalería e que ofreza aos cidadáns un motivo máis para saír á rúa a divertirse e pasalo ben. Estes son os obxectivos da Mascarada Fin de Verán que este sábado se vai celebrar na cidade, organizada polo empresario Paco Gallego en colaboración coa concellería de Comercio do Concello de Ourense. A festa presentouse este mércores no Concello, nun acto que contou coas intervencións da concelleira de... Máis informes
Publicado o 24 de setembro de 2014 
A Feira do Viño de Monterrei potencia o enoturismo e a cultura do viño de calidade
Tempo de Lecer Ourense
A IX Feira do Viño de Monterrei celebrarase en Verín os días 8, 9 e 10 de agosto como un evento que converterá  á vila verinesa e á comarca de Monterrei "no gran escaparate dos viños desta denominación de orixe", segundo subliñou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación do evento este luns, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Acompañárono no encontro cos medios de comunicación o alcalde de Verín, Juan Jiménez Morán e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe... Máis informes
Publicado o 28 de xullo de 2014 
A Festa do Pan de Cea estrea un roteiro gastronómico polos antigos fornos
Tempo de Lecer Ourense
O Campo da Saleta acolle o domingo, día 6 de xullo, unha nova edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea, que chega xa á 23ª edición chea de novidades. O programa presentado conta con cociña en vivo e degustacións en fornos e locais colaboradores, ademais da animación musical e do clásico Maratón de Fútbol 7, que non faltará á súa cita. A programación presentouse este martes na Deputación polo presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Carlos Rodríguez; o alcalde de San Cristovo de Cea,... Máis informes
Publicado o 01 de xullo de 2014 
O Mercado Medieval, os monicreques e a animación na rúa, as actividades mellor acollidas das Festas de Ourense
Tempo de Lecer Ourense
A concelleira de Cultura, Ana Garrido, convocou unha rolda de prensa este luns no Concello para facer balance das Festas de Ourense deste ano 2014, que remataron este domingo. Despois de dez días de animación, teatro e música nas rúas do centro e casco Vello da cidade e as súas prazas máis emblemáticas como protagonistas, a concelleira fixo un "balance positivo" do seu desenvolvemento subliñando da programación os espectáculos dirixidos aos nenos, "que contaron coa implicación e afluencia das familias e encheron a Alameda de Bispo Cesáreo, os... Máis informes
Publicado o 30 de xuño de 2014 

Máis informes do último vídeo:
A Bela Auria. A festa histórica de Ourense
Vindeiros
Tempo de Lecer Ourense VIII Festa da vendima e Ruta das Adegas
Sábado, 11 de outubro de 2014
Hora: 17:00h
Lugar: Punxeiro (Viana do Bolo)

Prezo: 10€ (anticipada) e 12 (o mesmo día)

Máis informes
< anteriorseguinte >
© 2014 - Tempo de Lecer Ourense