Cine coa proxección da película: "Historia de mi muerte"

Biblioteca Pública Nodal (Ourense)




O Cineclube Padre Feijóo retoma as sesións de filmoteca na Biblioteca Pública Nodal de Ourense con proxeccións todos os luns, nun novo ciclo que inicia agora coa colaboración da Consellería de Cultura e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia). 


No marco da programación destes Luns de Filmoteca o luns, día 13 de outubro, proxéctase: Historia de mi muerte, unha película dirixida por Albert Serra no ano 2013. Pola duración do filme, 148 minutos, só haberá o pase das 20:30 horas.

 

O filme céntrase na transición entre o século XVIII, o do racionalismo, o século das luces e a sensualidade, e os principios do século XIX, o do romanticismo, o escurantismo e a violencia. Dúas famosas figuras personifican estes mundos, Casanova e Drácula. En Francia, nunha atmosfera de corrupción e alegría artística, un veterano marqués, sempre acompañado polo seu servente das terras do norte, vive nun pequeno pobo agrícola rodeado de bosques. O Marqués é coñecido polas súas espectaculares conquistas sexuais. Non obstante, coa chegada do Conde, a atmosfera no pequeno pobo chegará a ser escura e opresiva, levándonos ata un repentino, estraño e misterioso final.


A programación completa destes Luns de Filmoteca para as vindeiras semanas é a seguinte:


- Luns, 22 de setembro. 20.30 horas (único pase). Biblioteca Nodal. Metrópolis (Fritz Lang, 1927).


Luns, 29 de setembro. 20.30 e 23.00 horas. Biblioteca Nodal. Donald Rumsfeld: certezas descoñecidas (Errol Morris, 2013).


Luns, 6 de outubro. 20.30 e 23.00 horas. Biblioteca Nodal. Edificio España (Víctor Moreno, 2012).


Luns, 13 de outubro. 20.30 horas (único pase). Biblioteca Nodal. Historia da miña morte (Albert Serra, 2013).





Luns, 20 de outubro. 20.30 e 23.00 horas. Biblioteca Nodal. Paraíso: Amor (Ulrich Seidl, 2012).


Luns, 27 de outubro. 20.30 e 23.00 horas. Biblioteca Nodal. Paraíso: Fe (Ulrich Seidl, 2012).


Luns, 3 de novembro. 20.30 e 23.00 horas. Biblioteca Nodal. Paraíso: Esperanza  (Ulrich Seidl, 2012).


Luns, 10 de novembro. 20.30 e 23.00 horas. Biblioteca Nodal. O último dos inxustos (Claude Lazman, 2013).


O prezo da entrada é de 2€.

 



Actividade: Cine coa proxección da película: "Historia de mi muerte"

Data: 13 de outubro de 2014 ás 20:30h

Lugar: Biblioteca Pública Nodal (Ourense). (Rúa Concello, 13)

Prezo: 2€.

De interese: Único pase ás 20.30 horas.

© 2009 - TDLOU