Conferencia sobre as orixes do Samaín

Asociación Cultural A Galleira (Ourense)

 

A Asociación Cultural A Galleira, en colaboración co Concello de Ourense, organiza unha serie de actividades que se van celebrar os días 30 e 31 de outubro.

 

O xoves, día 30 de outubro, haberá unha conferencia de Miguel Losada, membro da Sociedade Antropolóxica Galega, sobre as orixes do Samaín e o seu vencello coa nosa historia e tradición. Será ás 19.00 horas, con entrada gratuita.


O programa de actividades é o seguinte:


- Xoves, 30 de outubro. 19.00 horas. Asociación Cultural A Galleira. Conferencia de Miguel Losada, membro da Sociedade Antropolóxica Galega.


- Venres, 31 de outubro. 19.30 horas. Asociación Cultural A Galleira. Teatro, música e xogos para os cativos. Ás 21.00, concerto de Roberto Sobrado e Rafa Campoy.



Actividade: Conferencia sobre as orixes do Samaín

Data: 30 de outubro de 2014 ás 19:00h

Lugar: Asociación Cultural A Galleira (Ourense). Rúa Hernán Cortés, 1.

Prezo: De balde.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU