Celebración de 24 horas de teatro con música, baile, maxia e circo

Espazo Xove - Casa da Xuventude (Ourense)

 

O grupo Marañao Teatro organiza unha nova edición da actividade "24 horas de teatro", que comezará o seu desenvolvemento o sábado, día 21 de abril, ás 22.30 horas e que se prolongará de xeito ininterrumpido ata o domingo, día 22 de abril, ás 22.30 horas. A iniciativa conta coa colaboración eo patrocinio do Espazo Xove - Casa da Xuventude de Ourense e ten por obxectivo conmemorar o Día Mundial do Teatro cun programa de actividades que inclúe música, baile, maxia e circo ademais de, por suposto, moito teatro.

Unha das actividades máis atractivas da programación é un "Match de improvisación", na que poden participar todas as persoas que o desexen para compartir uns momentos de risas e diversión.

Dende a organización da iniciativa informan ademais que, unha vez rematado o espectáculo, todas as persoas que queiran poden participar activamente no evento escribindo, dirixindo ou actuando ou mesmo coas tres cousas á vez. Para isto non hai que ser un experto en teatro nin ter unha formación nesta disciplina. Así e durante a noite do sábado, os participantes que o desexen poden escribir unha pequena peza teatral que se representará na tarde do domingo polos voluntarios que queiran converterse en actores que, á súa vez, serán dirixidos por outras persoas que queiran embarcarse na laboura de dirección. 



Actividade: Celebración de 24 horas de teatro con música, baile, maxia e circo

Data: 22 de abril de 2012 ás 22:30h

Lugar: Espazo Xove - Casa da Xuventude (Ourense). (Celso Emilio Ferreiro 27)

Prezo: Libre e gratuíta.

Organiza: Espazo Xove - Casa da Xuventude de Ourense.

 

© 2009 - TDLOU