Proxección do documental: "Angrois no esquecemento"

Biblioteca Pública Nodal (Ourense)

 

A Biblioteca Nodal de Ourense acolle o venres, día 6 de febreiro, a proxección do documental: Angrois no esquecemento, unha obra sobre o accidente do tren Alvia o 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela.

 

O evento comeza ás 20.00 horas e, ao seu remate, haberá un coloquio.

 

O acto está organizado polo Sindicato Ferroviario Intersindical e nel participará o seu secretario xeral, Francisco Rafael González, ademais de membros do Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes que realizou a película. 


Coa colaboración do Cineclube Padre Feijóo.



Actividade: Proxección do documental: "Angrois no esquecemento"

Data: 06 de febreiro de 2015 ás 20:00h

Lugar: Biblioteca Pública Nodal (Ourense). (Rúa Concello, 13)

Prezo: De balde.

© 2009 - TDLOU