Presentación do libro "El casino que nos gobierna"

Liceo (Ourense)

 

A Aula de Cultura do Liceo de Ourense acolle o venres, día 20 de abril, o acto de presentación do libro "El casino que nos gobierna: trampas y juegos financieros a lo claro", editado por Clave Intelectual. Intervirán no acto Juan Fonseca, directivo do Liceo; Lourdes Lucía, directora de Clave Intelectual; Chechu Jiménez, médico e escritor e Juan Hernández Vigueras, doutor en Dereito e autor do libro.

 

Segundo explica Hernández Vigueras, este libro é imprescindible para entender os mercados, "porque descifra o artog propio detrás do que se oculta a realidade do casino no que se converteron os mercados financeiros". A obra desvela tamén os mecanismos da especulación: os xogadores (a banca financeira, os fondos de inversión, a gran empresa, as axencias de calificación), as fichas coas que xogan (as hipotecas, os derivados, os alimentos básicos, o petróleo, o armamento e a contaminación) e tamén os reguladores na sombra. Hernández Vigueras asegura que se trata duns xogos "con cartas marcadas, trucos e trampas que conforman un entramado mundial que os gobernos renunciaron a controlar e que termina impóndose sobre os proxectos democráticos dos países".

 

O acto está previsto para as 20.15 horas, con entrada libre e gratuíta.



Actividade: Presentación do libro "El casino que nos gobierna"

Data: 20 de abril de 2012 ás 20:15h

Lugar: Liceo (Ourense). (Rúa Lamas Carvajal, 5)

Prezo: Libre e gratuíta.

Autor: Juan Hernández Vigueras.

Edita: Clave Intelectual.

© 2009 - TDLOU