Exposición: "Arte e Ciencia"

Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)

 

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle durante os días 14 a 20 de outubroa exposición titulada: Arte e Ciencia, da Institución Galega da Ciencia.  A mostra, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, é unha das múltiples iniciativas preparadas co gallo do vindeiro Mes da Ciencia en Galego.

 

O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e afondar no diálogo entre a ciencia e maila arte. Para explorar esa interacción dinámica selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, comezando a viaxe na arte castrexa e rematándoa con obras de arte dixital 3D entre as que figuran algunhas seleccionadas para ser expostas en congresos internacionais.

 

A exposición pódese visitar por libre, en horario de 18:00 a 22:00 horas todos os días e tamén de 11:00 a 14:00 horas o venres. Tamén se poden trazar visitas concertadas, guiadas e con obradoiros, para centros educativos, cun máximo de 30 alumnos a un tempo, e acompañados polos mestres, con preferencia de ciencias, matemáticas, historia ou deseño.

 

A entrada á sala é gratuita.



Actividade: Exposición: "Arte e Ciencia"

Data: Do 14 de outubro ao 20 de outubro

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense). Rúa do Progreso

Horario: De luns a venres, de 11.00 a 14.00h. e de 18.00 a 22.00h; Sábados e domingos, de 18.00 a 21.00h.

Prezo: De balde.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU