Saída cultural a Castromao

Conxunto arqueolóxico de Castromao (Celanova)

 

O Museo Arqueolóxico de Ourense súmase á celebración do Día Internacional dos Museos, o 18 de maio, coa organización dunha serie de actividades. Entre elas figuran unha serie de saídas culturais gratuitas a espazos que conforman as paisaxes culturais da nosa provincia que se realizarán os sábados 7, 14, 21 e 28 de maio.

 

No marco desta programación o sábado, día 28 de maio, as saídas culturais terán como destino o Conxunto Arqueolóxico de Castromao. Os participantes sairán ás 10.30 horas do Parque de San Lázaro (haberá un autobús) para dirixirse ata este espazo e participar nunha visita guiada dirixida polo arqueólogo Luís Otero.

 

O programa completo destas saídas culturais é o seguinte:

 

- Sábado, 7 de maio. 10.30 horas. Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las.

 

- Sábado, 14 de maio. 10.30 horas. Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé.


- Sábado, 21 de maio. 10.30 horas. Igrexa e Palacio da Encomenda de San Xoán de Xerusalén en Beade.


- Sábado, 28 de maio. 10.30 horas. Castromao.

 

Todas as visitas teñen un carácter gratuito. É necesario inscribirse no teléfono: 988-788.439 ou no enderezo: mapour@xunta.es



Actividade: Saída cultural a Castromao

Data: 28 de maio de 2016 ás 10:30h

Lugar: Conxunto arqueolóxico de Castromao (Celanova).

Prezo: De balde

© 2009 - TDLOU