Obradoiros didácticos para os cativos

Praza Maior (Ourense)

 

O Museo Arqueolóxico de Ourense súmase á celebración do Día Internacional dos Museos, o 18 de maio, coa organización dunha serie de actividades. Entre elas figuran unha serie de obradoiros didácticos para os cativos que se van desenvolver os días 18, 19 e 20 de maio en horario de 11.00 a 12.30 horas.

 

Os obradoiros terán lugar na Praza Maior e xirarán ao redor do lema: Museos e paisaxes culturais: As torres medievais da Limia. Están organizados por Xeitura e teñen un carácter gratuito.



Actividade: Obradoiros didácticos para os cativos

Data: 18 de maio de 2016 ás 11:00h

Lugar: Praza Maior (Ourense).

Prezo: De balde

© 2009 - TDLOU