
Durante todo o mes de xaneiro, a entrada ao centro termal das Burgas será gratuíta para que todas as persoas que o desexen poidan desfrutar das súas instalacións. O concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, valorou a decisión como “unha medida de promoción para a propia piscina, e para toda a zona das Burgas, incluíndo o novo Centro de Interpretación das Burgas e o bulevar peonil”, abertos a finais do pasado mes de novembro.
