Mapeo Roteiro Colectivo e V Bicipaseo

Ourense (Ourense)

 

O venres, día 6 de decembro, celébrase en Ourense o V Bicipaseo Patrimonial baixo o título: Ourense rural ou urbano?, no que os seus organizadores procurarán achegar, mediante unha pequena ruta en bicicleta, os espazos periféricos que conservan a esencia do rural e resisten o avance da cidade: Seixalbo, Mende e O Peliquín.

 

Os participantes sairán ás 10.00 horas do local de Bilurico (Ribeiriño, 5). O paseo rematará no barrio do Peliquín, onde se levará a cabo o proxecto de investigación: Ourensegrafías: Cartografando a identidade, realizando un roteiro interpretativo polo núcleo e interactuando cos veciños para crear un mapa colectivo.

 

Ourensegrafías: Cartografando a identidade é un proxecto que vén de pór en marcha a empresa Xeitura -Xestión Integral do Patrimonio Cultural- coa colaboración de diferentes activos culturais da cidade e co financiamento da Concellería de Cultura.



Actividade: Mapeo Roteiro Colectivo e V Bicipaseo

Data: 06 de decembro de 2013 ás 10:00h

Lugar: Ourense (Ourense).

Prezo: De balde.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU