Teatro coa representación da obra: "Vaya Tela!"

Teatro Principal (Ourense)

 

Solidariedade Internacional de Galicia e a compañía de teatro catalana Xucrutt Teatre presentan o xoves, día 27 de marzo, no Teatro Principal de Ourense, a obra de teatro: Vaya Tela!!


O argumento da peza fala da realidade dun taller de costureiras en Galicia á actividade frenética dunha tenda... Somos o que vestimos?? Vestímonos como somos?? Situacións sobre o consumo de roupa cheas de humor para reflexionar e espir inercias...

Unha obra coa que promover a reflexión e a crítica do modelo de consumo actual entre a poboación galega , dando a coñecer as súas consecuencias inmediatas e máis lonxanas, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.


Haberá unha única función ás 20.00 horas, con entrada gratuita.



Actividade: Teatro coa representación da obra: "Vaya Tela!"

Data: 27 de marzo de 2014 ás 20:00h

Lugar: Teatro Principal (Ourense). (Rúa da Paz, 9)

Prezo: De balde.

© 2009 - TDLOU