Apertura da exposición: "Nosa Música"

Liceo (Ourense)

 

Despois das cidades portuguesas de Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo, Ourense estréase neste ano 2014 como Capital Cultural do Eixo Atlántico e faino cun amplo programa de actividades que se vai desenvolver ao longo de todo o ano pero que concentra a súa maior expresión nos meses de maio e xuño. 


No marco da programación organizada pola Concellería de Cultura con motivo desta capitalidade cultural o sábado, día 17 de maio, abrirase ao público no Liceo a exposición titulada: Nosa Música, unha mostra comisariada por Diana Martínez que ten como obxectivo conxugar arte, música, lingua e historia coa música galego-portuguesa como eixo central. Será a partir das 19.00 horas.


Nesta liña, os traballos que se expoñen son de alumnos (dende 5 anos en adiante de varios centros como Concepción Arenal, IES María Soliño de Cangas,CPI Tomás de Lemos, Ribadavía, do CPI de Mende ), de docentes e de artistas de varios lugares: Logroño, Madrid, Valencia, Pontevedra, León, Salamanca, Brasil, etc. 

 

O formato de todos os traballos é A5, e as técnicas van dende acuarelas, a debuxos ou collage. Decidiuse este formato para que a sala onde se van a amosar puidese albergar o maior número posible de aportacións.

 

Entre as obras figuran interpretacións abstractas de cantigas, representacións de gaitas, ilustracións de bailes rexionáis ou imaxes acompañadas por textos e incluso hashtags de twitter.

 

A exposición fisica levase a cabo no Claustro do Liceo dos días 17 ao 30 de maio, e a exposión virtual atópase en Pinterest. http://www.pinterest.com/solopiensoenart/nosa-música-exposición-enredada-ourense


A mostra forma parte do proxecto Exposicións EnREDadas da Universidade Autónoma de Madrid conmemorando a Terceira Semana de Educación Artística pola Unesco.



Actividade: Apertura da exposición: "Nosa Música"

Data: 17 de maio de 2014 ás 19:00h

Lugar: Liceo (Ourense). (Rúa Lamas Carvajal, 5)

Prezo: De balde.

© 2009 - TDLOU