Domingo, 31 de agosto de 2014
O sabre do francés

 

 "O sabre do francés", unha nova edición da obra orixinal editada por Galaxia no ano 2002 na que o seu autor, o escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández inclúe un relato inédito e algunhas variantes noutros relatos. A entrevista é un percorrido pola vida persoal e profesional deste autor do Carballiño que defende o papel dos cineclubes na sociedade actual, que adianta máis e novas aventuras para o seu detective Frank Soutelo e que revela os seus medos diante dun folio en branco. "Recoñezo que comezo unha historia cando teño un bo remate, e confeso que o máis complicado e dar cun bo arranque, que magnetice, que atrape ao lector e o convide a acompañarme na lectura", asegura.

Eventos relacionados

Comeza o Venres, 25 de maio do 2012 e termina o Venres, 25 de maio do 2012
© 2014 - Tempo de Lecer Ourense