Sábado, 25 de outubro de 2014
Laura no deserto

 

O escritor ourensán Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) presentou o xoves 22 de marzo no Liceo a que define como a súa novela máis ambiciosa: Laura no deserto, unha obra que transcorre na primavera do ano 1982 en diversos escenarios do mundo e que atopou o seu punto de partida na vida de Mercedes Núñez Targa, unha muller que sufriu as cárceres franquistas, o exilio e os campos de concentración franceses e alemáns e que, con todo e segundo explica o autor, “non perdeu un compromiso ético e político que mantivo con dignidade ata o seu derradeiro alento”. Falamos con Riveiro Coello deste libro e facemos con el un percorrido pola súa traxectoria vital e profesional.

© 2014 - Tempo de Lecer Ourense