Luns, 01 de setembro de 2014
Museo Municipal de Ourense
Festas na Provincia
A investigaci贸n foi o derradeiro traballo do profesor, ao que dedicou 25 anos de estudo
Un libro recolle o traballo desenvolvido polo antrop贸logo Fidalgo Santamari帽a sobre o polbo e os polbeiros
O libro, editado pola Deputaci贸n, xa est谩 谩 venda nas librar铆as ao prezo de 30鈧 o exemplar


Actividade: Presentación do libro: "Polas rutas do polbo e dos polbeiros tradicionais en Ourense".

Autor: Xosé Antonio Fidalgo Santamariña.

Edita: Deputación provincial de Ourense.

Á venda: Nas librerías, ao prezo de 30€.

02 de agosto de 2012

Ourense é unha provincia de interior e, sen embargo, nela un produto do mar como o polbo é un elemento de referencia constante nas festas e na gastronomía. De feito, o polbo á feira constitúe un prato de recoñecido prestixio dentro da arte culinaria ourensá. Na actualidade, celébranse 80 anos da primeira Feira do Polbo e 50 da Festa do Polbo do Carballiño, unha iniciativa que comezou de maneira casual e que acabou por se converter nun dos feitos maiores do calendario festivo comarcal anual.

 

O antropólogo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña, finado recentemente, dedicou 25 anos da súa vida a estudar esta temática dende un punto de vista científico e etnográfico. O profesor percorreu con libreta e bolígrafo as principais feiras nas que este produto é protagonista e falou cos seus cociñeiros, os polbeiros, verdadeiros profesionais na arte de preparar este produto para o seu consumo. Un estudo de campo ao que engadíu a búsqueda e a análise doutros estudos e libros sobre a temática.

 

O resultado deste traballo é o libro titulado "Polas rutas do polbo e dos polbeiros", que vén de editar a Deputación provincial de Ourense. Trátase dun traballo de gran calidade que permite, segundo o autor do prólogo,o profesor Jesús Simal, "saborear o polbo en todas as súas dimensións". De feito, Fidalgo Santamariña comeza falando dos aspectos filoxenéticos, biolóxicos, comportamentais e ecolóxicos do polbo común para abordar outras cuestións de interese como as artes de pesca; a súa  almacenaxe, transporte e distribución, e a súa preparación e venda nas feiras e festas. Todo elo apoiado por fermosas fotografías tomadas en distintas feiras nas que este produto é o prato estrela.

 

Fidalgo Santamariña fai, ademais, unha referencia especial ao oficio dos polbeiros, estudando en profundidade as de Santa María e San Xoán de Arcos, e as doutras parroquias lindeiras co municipio do Carballiño, terras nas que se atopa a orixe desta actividade.

 

A Festa do Polbo por excelencia

 

A publicación foi presentada este xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, nun acto que contou coa presenza da viúva do autor, Maribel Vázquez, quen estivo acompañada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar; a responsable de publicacións deste organismo, Ana Malingre; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes.

 

Na súa intervención, Maribel Vázquez amosouse visiblemente emocionada para agradecer que este traballo vise á luz “coa calidade e o cariño que todos os implicados neste proxecto puxeron nel”.


O libro dedica un apartado á Festa do Polbo do Carballiño por ser, segundo sinala o autor, "unha celebración gastronómica que lle proporciona ao noso colectivo de polbeiros e polbeiras de Arcos a cota anual máis elevada de vendas de polbo cocido ao longo dunha soa xornada de traballo". O alcalde desta localidade, Argimiro Marnotes, asistíu ao acto para amosar o seu apoio a esta publicación e para promocionar esta festa, cuxa 50ª edición se vai celebrar o día 12 de agosto pero que conta cun amplo programa de actividades paralelas que xa comezaron. Segundo as súas palabras, "a festa do Carballiño é a festa do polbo por excelencia", e atribuiu o feito de que se produza nesta localidade do interior ourensán un produto do mar de calidade "ao feito de que temos os mellores cociñeiros deste manxar". Marnotes subliñou do libro a súa capacidade para transmitir a historia e as peripecias dos polbeiros, "traballadores incansables que levan o nome e a gastronomía do Carballiño por todo o mundo". Marnotes sinalou tamén que moitos lectores recoñecerán na obra "a moitos veciños do Carballiño, que souberon manter viva a tradición durante anos".

 

Herdeiro da traxectoria intelectual de Xaquín Lorenzo

 

Manuel Baltar, pola súa banda, sinalou na súa intervención que o libro “é unha completa obra sobre un tema de gran importancia gastronómica, cultural e etnográfica para a provincia de Ourense, como é o polbo e as polbeiras, tanto pola súa singularidade –enmarcada na comarca do Carballiño e na única provincia galega que non ten mar-, e polo feito de ser un libro realizado por unha das máximas autoridades antropolóxicas de Galicia como foi Fidalgo Santamariña, herdeiro da traxectoria intelectual de Xaquín Lorenzo”. Sinalou tamén Baltar que a obra constitúe "un valioso traballo de campo no que o autor se achega ás xentes e ao oficio, tendo en conta a todos os actores do proceso".

 

Coa súa publicación, a Deputación de Ourense conmemora os 50 anos dunha das principais festas da provincia, a Festa do Polbo do Carballiño, e ademais réndelle homenaxe a Fidalgo Santamariña, "traballador incansable da cultura e das tradicións de Ourense, quen merece todo o noso recoñecemento”, dixo Manuel Baltar.

 

Texto: Raquel Feijóo.

Fotos: Israel Elíaz.

 

© 2014 - Tempo de Lecer Ourense