Venres, 25 de xullo de 2014
Claustro de San Frabcisco
Soños Sobre Lenzo - Museo Municipal de Ourense
Arquitectura da Alma
A Consellería colabora coas principais fundación de autor, como Otero Pedrayo ou Vicente Risco
Cultura pón en valor a literatura galega a través da difusión da obra de escritores clásicos e actuais
Tamén apoia o labor do Centro PEN de Galicia e da Asociación de Escritores en Lingua Galega

 

Actividade: Posta en valor da obra de escritores por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Dato de interese: Nesta liña, a Consellería colabora coas principais fundacións de autor.

16 de agosto de 2012

Co obxectivo de poñer en valor as letras galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten en marcha diferentes iniciativas que reforzan a difusión social da obra e do pensamento das nosas autoras e dos nosos autores clásicos e actuais e que, ao mesmo tempo, promoven o uso do galego a través da literatura.

 

Por unha banda, a Consellería apoia o importante labor que veñen desenvolvendo as principais fundacións de autor, entre as que se atopan a de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Carlos Casares ou Neira VilasPor outra banda, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad coopera con dúas entidades de referencia no ámbito literario galego, o Centro PEN de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), ás que pertencen un importante número de autoras e autores de Galicia, entre as que se inclúen os escritores máis destacados.

 

Actualmente, os departamentos da Secretaría Xeral de Cultura e da Secretaría Xeral de Política Lingüística colaboran con estas entidades para a posta en marcha de diversas iniciativas que se veñen desenvolvendo ao longo de todo o ano.

 

Galardóns literarios


Entre as actividades coas que colabora a Consellería inclúense recoñecidos premios literarios, como o Trasalba, que lle concede a Fundación Otero Pedrayo a unha figura ou institución a prol da cultura galega vencellada á obra e á memoria do escritor ourensán; o Premio Vicente Risco de Cienciais Sociais; o Premio Estornela de teatro para nenos que convoca a Fundación Neira Vilas; o Premio Celanova, Casa dos Poetas, que promove a Fundación Curros Enríquez; o Premio Rosalía de Castro, instituído polo Centro PEN de Galicia en 1996; ou os Premios AELG.

 

No marco desta colaboración tamén se leva a cabo a edición de diversas obras. É o caso da correspondencia de Vicente Risco e Teixeira de Pascoaes; ou as publicación de Poetas con Rosalía IV e dun novo conto da colección Tres Pitas Brancas, estas dúas da Fundación Rosalía de Castro.

 

Tamén destaca a realización de diversos tipos de obradoiros, entre eles a Escola de Escritores/as da AELG, de creación literaria; os obradoiros de recompilación de traballos sobre historia e cultura local que promove a Fundación Vicente Risco; ou os obradoiros de traballos manuais para fomentar a lectura entre os máis pequenos organizados pola Fundación Curros Enríquez.

 

Dixitalización de fondos


Co obxectivo de favorecer o acceso á obra dos nosos escritores e escritoras e de garantir a a súa conservación e posta en valor, a Consellería apoia o labor de catalogación, dixitalización e divulgación da documentación do arquivo da Fundación Vicente Risco, así como dos fondos bibliográficos da Fundación Neira Vilas. Neste mesmo marco de actuación, a Consellería colabora coa posta en marcha da primeira fase da Biblioteca Dixital E-Bock Otero Pedrayo, que ten como obxectivo impulsar a difusión na rede da obra do escritor.

 

Cursos e xornadas


Os cursos e xornadas son outras das iniciativas que se desenvolven para favorecer unha maior difusión da literatura galega entre a cidadanía. É o caso da iniciativa Onde o Mundo se Chama Celanova, unha xornada de convivencia cos centros de toda Galicia que levan o nome de Curros Enríquez e aos que este ano se sumaron os centros Celso Emilio Ferreiro, por se celebrar o centenario do autor de Longa noite de pedraas xornadas que se realizan no marco dos Diálogos Literarios do Gaiás, un encontro anual da literatura galega con representantes doutros sistemas literarios que xira ao redor da figura de Carlos Casares; as xornadas Romasanta da Fundación Vicente Risco, con múltiples propostas de actividades para os máis pequenos, ou as xornadas que promove esta mesma entidade para a animación á lectura a partir da obra Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros.

 

A conferencia Escritores na Universidade, da AELG; os encontros sobre lingua e cultura galegas a cargo do escritor Xosé Neira Vilas; a celebración de destacadas datas no ámbito literario, como o Día Mundial da Poesía ou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que leva a cabo a Fundación Rosalía de Castro; e as diversas exposicións promovidas pola Fundación Vicente Risco son outras das iniciativas que promove Cultura e Educación para a difusión e a posta en valor das letras galegas.

 

Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro


Xunto co apoio a estas entidades, a Consellería puxo en marcha este ano unha completa programación para a difusión social da obra de dous autores de referencia para a cultura e para a lingua galegas: Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras Galegas, e Celso Emilio Ferreiro, do que se cumpriu este ano o centenario do seu nacemento e o 50º aniversario da publicación de Longa noite de pedra.

 

Ademais, nesta mesma liña de actuación enmárcase o convenio asinado entre a Secretaría Xeral de Cultura co Concello de Outes para a conmemoración do bicentenario do nacemento de Francisco Añón, que se traducirá na celebración de diversos actos de homenaxe e de recuperación deste autor, o máis importante dos cales será a celebración dun congreso que terá lugar os días 4 e 5 de outubro de 2012 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

© 2014 - Tempo de Lecer Ourense