Venres, 19 de decembro de 2014
Catedral de Ourense
Bo Nadal
MOTI 2014
Auditorio Municipal de Ourense
Museo Municipal de Ourense
Con actividades en 105 centros da Rede de Bibliotecas de Galicia no primeiro semestre do ano
Cultura e Educación dinamiza a lectura cunha programación de máis de 400 actividades en bibliotecas de toda Galicia
O obxectivo é gañar máis lectores e promover o traballo dos creadores



Actividade: "Letras Vivas 2012", con máis de 400 actividades realizadas en 105 centros da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Organiza: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

21 de agosto de 2012

Máis de 400 actividades realizadas en 105 centros da Rede de Bibliotecas de Galicia é o balance do programa Letras Vivas 2012, unha iniciativa coa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta por fomentar a lectura.

 

Contacontos, obradoiros creativos, presentacións de libros, actuacións teatrais, recitais literarios e sesións de maxia e monicreques son algunhas das 435 actividades promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura durante o primeiro semestre do ano, co obxectivo de gañar máis lectores e tamén de impulsar o traballo realizado polos nosos creadores e creadoras.

 

A Consellería de Cultura e Educación destinou este ano un total de 154.000 euros á posta en marcha de Letras Vivas, que incluíu propostas para todos os públicos, especialmente para a franxa de idade máis nova, por ser esta a etapa clave na formación lectora.

 

Programación diversa


Letras Vivas é unha iniciativa dirixida a propiciar que as bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia conten cunha programación de actividades diversa e de calidade en prol do fomento da lectura. O programa conta con dúas áreas: LV Creación, na que se inclúen as actividades que ofrecen profesionais de diversos ámbitos culturais, entre eles escritores, ilustradores, actores etc; e LV Animación, que enmarca actividades arredor de ámbitos como o do teatro, os monicreques, a maxia, os contacontos e numerosos tipos de obradoiros.

 

Dinamización do libro e da lectura


Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral de Cultura favorece o achegamento á lectura desde un enfoque multidisciplinar e interactivo, para axudar a transmitir a paixón polos libros como fonte de gozo e de coñecemento.

 

Para avanzar neste obxectivo, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo impulsa, xunto con Letras Vivas, diversas actuacións, entre as que se atopa o programa das Feiras do Libro de Galicia, que está en marcha actualmente coa cita da cidade da Coruña e que a partir do próximo 13 de agosto recalará no concello lucense de Viveiro.

© 2014 - Tempo de Lecer Ourense