Sábado, 25 de novembro de 2017

Teatro, danza e unha gala benéfica contra o cancro, esta semana no Auditorio  

Ourense, 15 de novembro de 2016

O Auditorio Municipal de Ourense concentra esta semana unha interesante oferta de teatro para todas as idades e danza en catro actos, aos que se lle suma, o venres, a IV Gala contra o Cancro da AECC. A primeira das actividades será o xoves, 17 de novembro, coa escenificación de Fraude a cargo de Sudhum Teatro. Será na sala principal a partir de 20:30 horas baixo a dirección de Gustavo del Río e con nomes coma os de Rebeca Vecino, Manuel García, Denis Gómez ou Albert Suárez sobre as táboas. A obra está...

 
Tempo de Lecer Ourense

Daniel Minimalia presenta o seu terceiro traballo: "Origen" 

Ourense, 15 de novembro de 2016

O compositor e músico ourensán Daniel Minimalia publica o seu terceiro disco Origen (2016 Zouma Records), considerado como o seu mellor traballo ata o momento e que o afianza como un dos referentes musicais do país e tamén de alén das nosas fronteiras. Xa co seu primeiro disco Cuentos Sonoros, conquistou ao público e crítica recibindo o calificativo de Mike Olfield español, conseguiu unha nominación aos premios Hollywood Music Awards, e co seu segundo disco Arenas de luna realizou a súa xira de concertos presentación en España e en EE.UU. onde obtivo tamén varias nominacións nos...

 
Tempo de Lecer Ourense

Todos os concesionarios oficiais da provincia de Ourense acoden ó 8º Salón do Automóbil  

Ourense, 15 de novembro de 2016

  Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fins de semana seguidas en Expourense. Dende o 18 ó 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ó 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Concello de Ourense pón en marcha o Ciclo de Lírica 2016 

Ourense, 14 de novembro de 2016

Asegura o pianista e compositor Juan Durán que "o mellor que temos no pasado musical en España e en Galicia é o teatro lírico", con figuras como a soprano ourensá Ángeles Gulín, que naceu en Ribadavia no ano 1939 e que foi despois unha das cantantes de ópera con maior proxección internacional. Con todo, afirma o músico, este estilo "non está todo o apoiado que debera polas institucións", unha realidade que transcorre paralela a unha falta de coñecemento por parte dun sector maioritario do público.   Neste marco, o Concello de Ourense...

 
Tempo de Lecer Ourense

Un congreso analiza a figura de San Martiño de Tours 

Ourense, 14 de novembro de 2016

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez e o medievalista da Universidade Autónoma de Madrid, Jorge López Quiroga, inaugurou este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Congreso Internacional sobre San Martiño de Tours, un evento que reúne ao longo desta semana a expertos de dez países para debater sobre a historia medieval e a evolución do cristianismo en Ourense, e que conmemora os 1.700 anos do nacemento do patrón da provincia.   O presidente do...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Outono Fotográfico enche de imaxes o campus 

Ourense, 14 de novembro de 2016

A programación do 34º Outono Fotográfico enche estes días de imaxes diferentes edificios e espazos do campus de Ourense. Na actualidade, as instalacións universitarias acollen cinco mostras, á espera de que se inauguren dúas máis nos vindeiros días. Con elas, a institución académica únese unha vez máis a unha iniciativa que este ano conta en total con 14 obradoiros e 92 exposicións que amosan a obra de 304 creadores e creadoras en 70 espazos expositivos de 25 puntos da xeografía galega e lusa.  Tres propostas na Biblioteca Rosalía de Castro   A Biblioteca...

 
Tempo de Lecer Ourense

Xosé Carlos Caneiro analiza nun libro os lazos que unen a Camilo José Cela con Ourense 

Ourense, 14 de novembro de 2016

A Deputación de Ourense vén de editar un libro que evoca a figura de Camilo José Cela no centenario do seu nacemento. Baixo o título Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela, o autor, Xosé Carlos Caneiro, pretende espallar a obra deste galego universal que foi Cela por toda a provincia de Ourense. Así o informaron este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel na presentación desta publicación o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o escritor.   Baltar dixo que esta publicación "lembra a figura dun dos...

 
Tempo de Lecer Ourense

O productor de cine José Sousa recolle o Premio Ourensanía 

Ourense, 11 de novembro de 2016

  O produtor ourensán de cine José Sousa (Ramirás, 1951) recibiu hoxe, día de San Martiño, patrón de Ourense, o Premio Ourensanía 2016, nun acto celebrado no Teatro Principal de Ourense, que contou coa participación dos presidentes da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ademais de persoeiros dos ámbitos institucional, cultural e social de Galicia. O premio Ourensanía nesta sexta edición recoñece a José Sousa "a súa fonda galeguidade, a súa capacidade integradora e multicultural, e o feito de que non esqueceu nunca dúas marcas de ourensanía: a súa terra nai e o seu...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU